Atopados. Obradoiro para familias co artista Xurxo Gómez-Chao

Fechas: 
27 Xaneiro 2018 - 24 Marzo 2018

Atopados é un obradoiro dirixido a familias no que os participantes percorrerán a cidade na busca de elementos, non necesariamente relacionados coa plástica, que lles remitan a obras de creadores como Picasso, Kandinsky ou Seoane, entre outros, e cos que posteriormente emularán esas mesmas pezas guiados pola experiencia e as indicacións do artista coruñés Xurxo Gómez-Chao. O obxectivo desta iniciativa, que se inspira nunha proposta similar realizada polo artista brasileiro Paulo Bruscky, cuxa obra protagonizará unha mostra na Fundación a partir do mes de abril, é ofrecer aos asistentes novas formas de ollar as obras de arte e establecer unha reflexión acerca do contexto no que se insiren.
 
Para participar nesta actividade, é necesario formalizar a matrícula descargable no enlace seguinte: 
 
Atopados.pdf