Breves episodios na colección da Fundación María José Jove

Almudena Lobera. Lugar entre, 2012 / Juan Muñoz. Sara con espejo, 1996
Fechas: 
21 Outubro 2016 - 8 Xaneiro 2017
Comisario: 
Marta García-Fajardo, David Barro
Artista: 
Vicente Blanco, Louise Bourgeois, Elmgreen & Dragset, Félix Fernández, Cristina Garrido, Luis Gordillo, Núria Güell, Wassily Kandisnky, Almudena Lobera, Juan López, Maruja Mallo, Joan Miró, Juan Muñoz, Levi Orta, Manolo Paz, Paloma Polo, Darío de Regoyos, Soledad Sevilla, Miguel Ángel Tornero, Mar Vicente

Breves episodios é unha exposición que conmemora o décimo aniversario da creación do Premio Internacional de Arte Fundación María José Jove, que se celebra este ano, a través dunha selección de obras de dez creadores novos e de dez artistas históricos, que poderían ser os seus referentes, os seus afíns, ou simplemente, os seus cómplices no xeito de mirar ou aprehender a realidade, nunha colaboración inédita entre a Fundación María José Jove e a Fundación Luis Seoane. Con esta exposición quérese recoñecer o esforzo dun premio que nacía no ano 2006 coa ilusión de apoiar a creación artística, que co paso dos anos se converteu nunha convocatoria de referencia, como o demostra o aumento exponencial de participación, que na súa última edición sobrepasou as 1.600 obras.
 
Os comisarios da mostra, Marta García-Fajardo, directora da Colección da Fundación María José Jove, e David Barro, director xerente da Fundación Luis Seoane, realizaron unha selección de dez artistas de entre os máis de trinta creadores que fóron premiados ou distinguidos nas diferentes edicións do Premio Fundación María José Jove ao longo destes dez anos, convidando de seguido a cada un deles a escoller unha peza pertencente á Colección de arte da Fundación María José Jove, composta actualmente por case 600 obras de arte galega, nacional e internacional. Así, os traballos de Almudena Lobera, Félix Fernández, Cristina Garrido, Miguel Ángel Tornero, Paloma Polo, Mar Vicente, Núria Güell, Vicente Blanco, Levi Orta e Juan López comunícanse coas obras de Juan Muñoz, Elmgreen & Dragset, Darío de Regoyos, Luis Gordillo, Maruja Mallo, Soledad Sevilla, Louise Bourgeois, Joan Miró, Wassily Kandisnky e Manolo Paz, nun percorrido diacrónico que afonda en conceptos como a análise do espazo pictórico, a relación entre arte e política, o estudo da paisaxe, a liña divisoria entre espazo e ficción, o concepto de representación, a abstracción, etc.
 
Breves episodios convoca moitos temas e relacións, entre os que destaca un fundamental: a importancia de coleccionar, de construír un legado, de contribuír ao desenvolvemento da arte e dos artistas. Porque unha colección está siempre en construción e non se visualiza rápidamente, é o tempo a que a define, como un xardín, ou como a arte, que precisa de tempo, de perspectiva histórica. Ao sentido de por qué coleccionar habería que sumarlle outra importante cuestión: o valor do cultural, de aí a súa intención pedagóxica e crítica á vez, como toda a arte contemporánea.