Cara a cara. IV Obradoiro de Creación Artística

Fechas: 
14 Setembro 2018 - 16 Novembro 2018
Coordinación: 
Marta Moreira, Toño Martínez

A cuarta edición do obradoiro de creación artística Cara a cara contará coa participación dos artistas Juan Lesta e Belén Montero (DSK), Félix Fernández, Emma Pedreira e Benito Freire que guiarán aos asistentes a través dos seus procesos creativos coa fin de elaborar un proxecto común, nunha proposta cuxo obxectivo é establecer liñas de comunicación entre creadores locais e o seu público. Os obradoiros terán lugar todos os venres entre o 14 de setembro e o 16 de novembro, e se pecharán cunha mostra dos traballos realizados polos alumnos o venres 23 de novembro. Para asistir a esta actividade, cómpre formalizar unha matrícula descargable a través do enlace seguinte: 
 
CaraaCaraIV.pdf