Cara a cara. Obradoiro de creación e coñecemento artístico

Fechas: 
3 Marzo 2017 - 30 Xuño 2017
Participantes: 
Moncho Amigo, Xabier Correa Corredoira, Xurxo Gómez-Chao, Xoán Crujeiras, Anne Heyvaert, Javier Martín, Juan Martínez de la Colina, Rita Rodríguez
Coordinación: 
Antonio Martín, Marta Moreira

Formulado como un espazo experimental de creación e encontro con artistas, Cara a cara nace co obxectivo de establecer vías de comunicación entre oito creadores locais e o público, a través dunha serie de encontros nos que os participante terán a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo e os procesos creativos de artistas como Xavier Correa Corredoira, Anne Heyvaert, Xurxo Gómez-Chao, Xoán Crujeiras, Rita Rodríguez, Juan Martínez de la Colina, Javier Martín e Moncho Amigo. Ao longo de dezaséis sesións, os asistentes ao obradoiro recibirán unha serie de fundamentos teóricos que porán posteriormente en práctica coa finalidade de levar a cabo un proxecto común, un libro de artista que, ao rematar a actividade, formará parte dunha exposición aberta ao público.    
 
Formulario_inscrición.pdf