Carlos Maside - Luis Seoane. Aquel abrazo

Fechas: 
11 Maio 2016 - 2 Outubro 2016
Lugar: 
Salas de exposiciones de la planta baja
Comisario: 
Carmela Montero

A exposición Carlos Maside - Luis Seoane. Aquel abrazo é un proxecto que se concibe como un diálogo entre os dous primeiros artistas totais da arte galega contemporánea a partir da relación epistolar que ambos estableceron entre 1947 e 1958, e tamén como un estudo da pegada de Maside na obra de Seoane, para quen Maside é un referente estético, xa que é pioneiro en aplicar desde un punto de vista teórico e formal os postulados da modernidade na súa pintura, rompendo definitivamente co academicismo e clasicismo da xeración anterior. É Seoane quen establece con acerto as cualidades que caracterizan a obra de Maside: o rigor da construción do cadro, o coidado das formas e a intensidade da cor, e posteriormente, o vigor da composición e a intensidade do debuxo. 
 
A mostra, realizada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, conta con 27 obras de Carlos Maside, na súa maioría cedidas para a ocasión polo Legado Carlos Maside e con 9 de Luis Seoane pertencentes á colección da Fundación. Ademais, na exposición incluense un debuxo e o primeiro busto realizado por outro gran renovador da arte galega, o escultor Xosé Eiroa, cuxa obra exerceu unha gran influencia en ambos artistas, especialmente en Luis Seoane, cuxa efixie protagoniza esta peza presente na mostra, e por último, un poema inédito de Luis Seoane dedicado a Manuel Antonio en 1935, quen xunto a Rafael Dieste e o propio Maside formarían a base que establecería os novos códigos dunha arte e unha cultural galegas inseridas na modernidade.