Guía para trasluchar

Fechas: 
10 Xullo 2018 - 12 Xullo 2018
Dirección: 
Santiago Cirugeda
Coordinación: 
Fermín Blanco

Con motivo da celebración da exposición Usted está aquí. Recetas Urbanas na Fundación Luis Seoane, que recolle a actividade levada a cabo polo estudo de arquitectura Recetas Urbanas ao longo de dúas décadas, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo, en colaboración coa Fundación, organiza o encontro Guía para trasluchar, que durante tres días reunirá a unha serie de especialistas que establecerán un diálogo a través do que se analizará desde un punto de vista crítico cuestións relativas á capacidade dos cidadáns para transformar a súa contorna, así como o papel da arquitectura dentro deses procesos de cambio, con especial atención aos proxectos desenvolvidos a partir da colaboración entre colectivos procedentes de diferentes disciplinas. Dirixido polo arquitecto sevillano Santiago Cirugeda, fundador do estudo Recetas Urbanas, o encontro contará coa participación dos arquitectos Carlos Pita e Fermín Blanco, quen ademais é secretario das xornadas; Alice Attout e Ana Asensio, a comisaria de exposicións Elvira Dyangani Ose, a actriz e pedagoga Isabel Risco, a socióloga Carmen Lamela, o humorista El Hematocrítico e a cantautora Ses. 
 
Descargar_programa.pdf