INPUT 2018

Fechas: 
31 Maio 2018 - 1 Xuño 2018
Coordinación: 
Gonzalo E. Veloso

INPUT é un espazo de titorización de proxectos cinematográficos en desenvolvemento que xurde da colaboración entre a Fundación Luis Seoane e o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, mediante o que 3 autoras terán acceso a 3 profesionais de prestixio internacional do ámbito do cinema e da arte, cos cales poderán discutir acerca dos seus proxectos, dende o estado de escritura e desenvolvemento até o de distribución. 
 
A finalidade deste programa é apoiar proxectos audiovisuais de calidade, dando a oportunidade ás autoras de repensar o seu proceso creativo, mellorar a obra, localizar fontes de financiamento e lograr a distribución máis acaída das pezas.
 
Dende o 6 até o 27 de abril estará aberto o prazo de envío de proxectos, que será totalmente gratuíto, para o que debes enviar a seguinte documentación (en castelán e inglés) ao correo electrónico input@s8cinema.com:
 
    • Sinopse: máx. 1 páxina
    • Descripción do proxecto: máx. 3 páxinas
    • Teaser (se ten): máx. 3 minutos
    • 2 fotogramas ou imaxes relacionadas co proxecto (se ten)
    • Bio da solicitante con ligazón á súa web (se ten): máx. 1 páxina
    • 1 fotografía da solicitante
    • Email e teléfono de contacto
 
O día 3 de maio faránse públicos os 3 proxectos seleccionados que participarán en INPUT 2018.
 
As titorías terán lugar na Fundación Luís Seoane da Coruña o 31 de maio e o 1 de xuño no contexto do (S8) 9ª Mostra Internacional de Cinema Periférico.
 
Para máis información, podes descargar as bases na siguiente ligazón: BasesGAL.pdf
Calquera dúbida será atendida en input@s8cinema.com.