Intersección

Fechas: 
9 Novembro 2018 - 11 Novembro 2018
Dirección: 
Gonzalo E. Veloso

INTERSECCIÓN é un espazo onde xerar pensamento en torno ás prácticas de vangarda no eido audiovisual, é dicir, o videoarte, o cinema de vangarda e o cinema de museo, entendendo como tal eses filmes que máis alá de festivais cinematográficos especializados, non atopan espazo nas salas de cinema tradicionais, mais si o fan nos museos de arte contemporánea. Este coñecemento será xenerado pola interacción de comisarios, artistas investigadores, críticos e demais axentes, mediante contribucións en forma de ponencias acompañadas de programas audiovisuais que respondan ás liñas de investigación propostas. Búscase a interacción horizontal co público, quen estará en todo momento invitado a participar para comentar tanto os textos escritos como os audiovisuais.