O cine en papel. (S8) - 9ª Mostra de Cinema Periférico

| Image 1 of 2 |
Fechas: 
14 Maio 2018 - 1 Xullo 2018
Comisario: 
Elena Duque, Gloria Vilches
Artista: 
Bill Brand, Bruce Elder, Kurt Kren, Peter Kubelka, Rose Lowder, Dora Maurer, Paul Sharits

A novena edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico xira ao redor dos conceptos de estrutura e tempo, cuestións recorrentes no cine experimental no que o aspecto formal é chave. A presente exposición é un pequeno mostrario de como eses aspectos formais prefiguráronse en forma de diagramas, ferramientas previas ou guías que os cineastas utilizaron para a execución das súas obras, que ademais de constituir unha maneira de afondar nos seus traballos, conxungando a relación entre unha representación espacial inmóbil (o esquema) e outra temporal e móbil (a película), son vehículos de puro goce estético en sí mesmos, pois cada un deles é unha obra de indubidable calidades plásticas. A mostra incluirá obra de autores como Kurt Kren, Rose Lowder, Bill Brand, Bruce Elder, Paul Sharits, Dora Maurer e Peter Kubelka.
 
Coincindo coa exposición Cinema de papel, a partir do 14 de maio poderá visitarse a vídeo instalación As if do cineasta experimental norteamericano Ernie Gehr (Milwakee, 1941), un dos realizadores que explorou máis a fondo as propiedades únicas e específicas da imaxe en movemento como medio. De formación autodidacta, a súa obra insértase no movemento do cine estrutural dos anos setenta. No seu traballo, Gehr cuestiona a idea do cine como medio de representación en favor das propiedades da propia película e a sua relación coa percepción, concepto que desenvolve desde comezos deste século e do que xurde a instalación As if, que o cineasta describe así:
 
Corrente de luz
Espectro de nubes
Manchas de cor
Pero mira
Un refacho superficial
Deslizamentos e ondas
Relax
Só dura tres minutos
Ti podes
Sí tí podes
Logo volve a velo