O teatriño

Fechas: 
17 Marzo 2018 - 29 Decembro 2018
Comisario: 
Camilo Franco

Laboratorio de estremonías é o título da peza coa que a actriz Mónica Camaño inaugurará este sábado O teatriño, un proxecto comisariado por Camilo Franco que indaga na relación entre diferentes actrices da escea galega e o público, a través da posta en escena de pequenas representacións dunha duración de 45 minutos nas que se convida ás intérpretes a que conten o que queiran e como queiran co menor artificio posible, sen decorados, nin vestiario especial, eliminando a distancia entre elas e os espectadores, nunha montaxe única que non volverá representarse nunca máis. O teatriño contará con dez representacións de aquí a finais do presente ano, que terán lugar o último sábado de cada mes. As entradas poden adquirirse na Fundación Luis Seoane (prezo da entrada: 10 euros). Capacidade limitada. 
 
17marzo_ MónicaCamaño.pdf
 
31 marzo_MelaniaCruz.pdf
 
28abril_IriaPinheiro.pdf
 
26maio_IriaSobrado.pdf