Paulo Bruscky. Etceterarte

Fechas: 
20 Xuño 2018 - 18 Novembro 2018
Comisario: 
Jorge Blasco, Silvia Longueira

A Fundación Luis Seoane acollerá entre os meses de xuño e novembro a primeira gran retrospectiva dedicada á obra de Paulo Bruscky (Recife, Brasil, 1949) no noso país, un proxecto comisariado por Jorge Blasco e Silvia Longueira que reunirá máis de 200 obras realizadas por el artista brasileiro ao longo de case cinco décadas.  
 
Vinculado nos seus comezos ao movimiento Fluxus, a traxectoria de Bruscky arrinca na década dos sesenta, en plena dictadura militar, un período convulso que o marcará desde un punto de vista persoal e profesional, no que xa aparecen moitas das características que definirán a súa práctica artística, como a utilización de diferentes medios de comunicación para difundir a súa obra, evadindo naque momento o control gubernamental, e tamén como método para establecer contacto con outros artistas fóra de Brasil. Neste contexto, é importante destacar que no ano 1976, Bruscky organizará a primeira exposición de mail art no seu país, que será clausurada polas autoridades, un formato que segue a utilizar na actualidade, e que é un dos múltiples soportes xunto cos libros de artista, o xerox-art, o collage, a fotografía, as tarxetas postais, os anuncios clasificados, a poesía visual, a performance, o vídeoarte, a arte sonora ou o cine a través dos que o artista envorca a súa creatividade, sempre desde a súa cidade natal, Recife, como base desde a que construír unha reflexión acerca das cuestións históricas, políticas ou sociais que lle interesan. 
 
O proxecto que presenta agora a Fundación Luis Seoane, elaborado durante dous anos xunto ao artista, baséase nas categorías nas que o propio Bruscky divide o seu traballo: Arte Classificado, Arte Correio, Artistas Achados e Apropiados, Banco de Idéias, Bruscky Invents, Homenagems, Livros de Artista, Objetos Poéticos, Poesia Visual, Repropostaçoes, Adesivos, Instalaçaos, Video Arte e Arte Sonora. Alguhas, como o Arte Classificado, pequenas reseñas insertadas nas seccións de anuncios por palabras dos xornais, ou o Arte Correio ou mail art, responden de maneira evidente a esa necesidade de comunicar que percorre a produción do creador brasieiro. Outras, como Artistas Achados e Apropiados, na que Bruscky recupera ou reutiliza diferentes obxectos e materiais que lle lembran á obra doutros artistas e Homenagems, pezas realizadas expresamente para render homenaxe a creadores aos que admira, representan, xunto aos seus Objetos Poéticos ou a súa Poesia Visual a vertente máis plástica do artista, sempre coa ironía, o humor absurdo e a crítica social como elementos inherentes ao seu traballo. 
 
Paulo Bruscky. Etceterarte estará aberta ao público ata o vindeiro 18 de novembro.