RESIS Festival de Música Contemporánea

Fechas: 
5 Maio 2018 - 18 Maio 2018

O festival de música contemporánea Resis xurde da necesidade de desenvolver na cidade da Coruña unha plataforma estable de estrea e difusión da musica contemporánea que apoie e difunda o traballo creativo de compositores e intérpretes. Entre o 2 e o 26 de maio, diferentes institucións culturais albergarán a programación deste certame que nace con vocación de converterse nunha cita anual estable, e que nesta primeira edición incluirá concertos, encontros con profesionais e diferentes manifestacións artísticas. O día 5 de maio, a Fundación Luis Seoane acollerá El tiempo menos solo. Do poema ao corpo sonoro, un encontro moderado pola escritora e músico Estíbaliz Espinosa no que se abordarán diferentes aspectos da edición contemporánea e de disciplinas como a poesía, a música e a danza, e que contará coa participación do editor Manuel Borrás, un dos fundadores da editorial Pre-Textos; do poeta e tradutor Abraham Gragera, director da compañía de danza La Pharmaco; da bailarina e coreógrafa Luz Arcas e do compositor Hugo Gómez-Chao Porta, cofundador do festival Resis. Posteriormente, o 18 de maio, terá lugar a presentación da instalación sonora PASAX3S do colectivo artístico Mirasons, unha peza que xira ao redor da idea de tránsito, e por último, pechando a participación da Fundación no certame, o violinista Florian Vlashi, acompañado da voz de Eva Vieites e dos versos de Luis Seoane, ofrecerá o concerto-performance Sinais, Xogos e Mensaxes, no que interpretará obras de Iannis Xenakis, Helmut Lanchemann, György Kurtág, Cristóbal Halfter e Fernando Buide. A entrada a todos estes actos é libre. + info: www.resisfestival.com
 
VENRES 18 DE MAIO
 
Programa_INSTALACION.pdf
 
Programa_CONCERTO.pdf