Sens Arts Week. Semana Internacional da Educación Artística

Fechas: 
28 Maio 2018 - 2 Xuño 2018
Dirección: 
José María Mesías

A Semana Internacional da Educación Artística da UNESCO busca sensibilizar á comunidade internacional sobre a importancia da educación artística na sociedade, a diversidade cultural e a cohesión cidadá como motor de cambio e transformación social. Dentro deste marco nace a Sens Arts Week, un proxecto experimental de formación docente con artistas contemporáneos e centros educativos da cidade da Coruña organizado pola Fundación Luis Seoane baixo a dirección do profesor da UDC José María Mesías desenvolvido durante os meses de marzo, abril e maio cuxos procesos creativos serán obxecto de obras de arte pública e participativa nas rúas da cidade entre os días 28 e 31 de maio. Así mesmo, todo este proxecto-proceso será obxecto dun debate internacional os días 1 e 2 de xuño na Fundación Luis Seoane nun Foro Internacional de Arte e Educación: En busca do procomún: educación artística participativa, sensibilidade e transformación social, no que participarán diferentes especialistas e profesioniais relacionados cos eidos da educación e a arte. 
 
SensArtsWeek_programa.pdf