LUIS SEOANE

A peripecia vital e intelectual de Luis Seoane non supón tanto o esforzo de levar a cabo unha obra ampla e coherente, como a vontade de devolverlle á plástica e ao pensamento galego a dignidade perdida polos anos de illamento e atraso: unha creatividade apaixonadamente comprometida co seu tempo. 
A vida de Luis Seoane (Buenos Aires 1910-A Coruña 1979) foi unha longa viaxe á través do século XX. Formado na época da dictadura de Primo de Rivera, loitador nos anos da República, fuxido en 1936, organizador e promotor da vida cultural no exilio, viaxeiro polo mundo e atento aos múltiples discuros que ía xerando a súa época, Seoane foi testemuña de excepción deste século axitado e convulso. A súa obra, vasta e diversificada, o seu pensamento aberto, as súas iniciativas, convérteno nun personaxe destacado no panorama da cultura galega e española do século XX, que axudou a construir co seu esforzo, o seu talento e o seu compromiso.

1910 Nace en Bos Aires, nun fogar de emigrantes galegos.
1916 Volve cos seus pais a Galicia, instalándose en A Coruña, onde realiza os sus primeros estudos
1920 Trasládase a Santiago de Compostela, onde estuda bacharelato e se licencia en Dereito e Ciencias Sociais en 1932
1927-1933 Milita en partidos de esquerda republicana e autonomista. Ilustra libros e revistas. Realiza as súas primeiras exposicións
1934 Trasládase a A Coruña, onde exerce como abogado laboralista. Amizade e tertulias con Huici, Cebreiro, Fernández Mazas, Del Valle, Julio J. Casal, Francisco Miguel… ingresa no Partido Galeguista
1936 Participa na campaña do Estatuto de Autonomía. Ao estalar a guerra agóchase, e en setembro fuxe a Bos Aires
1937 Publica o seu primero libro, Trece estampas de la traición
1940 Funda as coleccións “Hórreo” e “Dorna” en EMECÉ Editores
1943 Funda a revista Correo Literario e a Editorial Nova
1945 Homenaje a la Torre de Hércules é galardonado en Nova York xunto á Histoire Naturelle de Buffon, ilustrada por Picasso
1948 Funda a editorial Botella al Mar. Expón en Bos Aires e Caracas
1949 Viaxa a Europa. Expón en Londres. Coñece a Henry Moore, Herbert Read, Lucien Freud, Pablo Picasso, Óscar Domínguez
1952-1962 Exposicións en Nova York. Funda a revista Galicia Emigrante e a editorial Citania. Medalla da Exposición Universal de Bruselas e do Senado da Nación Argentina (1958). Premio Palanza (1962)
1963-1979 Realiza exposicións en España, Alemania, Italia, Suiza, Brasil… Cofundador de Sargadelos e o Museo Carlos Maside. Morre en 1979