Sol y cardos. Campamento de verán

Fechas: 
26 Xuño 2017 - 7 Xullo 2017

Inspirándose nun óleo que Luis Seoane realizou en 1958, o arquitecto Fermín Blanco e a artista Isabel Pintado concibiron Sol y cardos, un campamento de verán enfocado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos no que, ao longo de dúas semanas, convidaráselles a desenvolver un proxecto artístico e urbanístico participativo a través dunha serie de actividades de carácter lúdico nas que se abordarán diversos temas relacionados con diferentes aspectos da creatividade: conceptos como figura, liña ou abstracción, o análise da obra de Luis Seoane a través do emprego que o artista fai da cor e da forma, o estudo de diferentes técnicas artísticas como o gravado ou a punta seca, o proceso para crear un libro, etc.  
 
No enlace seguinte pódese descargar o formulario de inscrición:  
 
SolyCardos_campamento.pdf