Correa Corredoira. Os días pintados

Textos: 
David Barro, Yolanda Castaño, Anxo Rei Ballesteros, Manuel Rivas, Xavier Seoane
Ano: 
2017
Características: 
223 p., il. col. Texto en gallego
Precio: 
24€

Resumir nun só volume os máis de corenta anos da traxectoria como pintor de Xabier Correa Corredoira (A Coruña, 1952) semellaba a priori unha tarefa extremadamente complexa tendo en conta a dimensión e a excepcional calidade da súa produción. Sen embargo, o feito de que o desenvolvemento deste publicación discorrese desde un primeiro momento en parelelo ao concepto e posta en marcha da primeira gran retrospectiva dedicada á obra pictórica do artista, e que en ambos procesos a súa participación fose esencial, foi chave para que tanto a exposición como o catálogo acadasen finalmente o seu obxectivo: ofrecer unha visión o máis completa posible acerca da pintura dun dos artistas fundamentais para comprender a evolución da arte e da cultura en Galicia. Para iso, ademais de recoller parte da obra presente na exposición homónima, este volume inclúe outros exemplos significativos da pintura de Correa Corredoira, así como tres textos recuperados para a ocasión de Manuel Rivas, Anxo Rei Ballesteros e Yolanda Castaño e un ensaio inédito do comisario da mostra, David Barro.