Tamara Feijoo. Epílogo de paisaxe e nubes

Textos: 
Alberto Carton, Silvia Longueira
Ano: 
2018
Características: 
79 p., il. col. Textos en galego e español
Precio: 
25€

Epílogo de paisaxe e nubes recolle a intervención realizada por Tamara Feijoo (Ourense, 1982) entre os meses de novembro de 2017 e abril de 2018 na Fundación Luis Seoane, un proxecto comisariado por Alberto Cartón co que a artista reflexionaba acerca da paisaxe galega inspirándose en tres obras de Luis Seoane pertencentes á colección institucional, Paisaje y nubes, Galicia e S/T. A presente publicación é unha edición limitada de 200 exemplares numerados que inclue a memoria gráfica da mostra e un ensaio do comisario do proxecto, Alberto Carton. O deseño da cuberta do catálogo, dous papeis superpostos que agochan un gravado, reproduce algunhas características do traballo de Feijoo: a práctica da pintura e da estampación, a superposición de elementos nas obras e a representación da paisaxe a través dunha reducida paleta de cores.