Valérie Jouve. Corps en résistance

Textos: 
Arlette Farge, Marta Gili, Valérie Jouve, Marie-José Mondzain, Pia Viewing
Ano: 
2015
Características: 
158 p. + separata [21] p., il. col. Texto en francés e inglés + separata en castelán
Precio: 
22€

Tras o seu paso polo Jeu de Paume de París durante o verán de 2015, a exposición Valérie Jouve. Corps en résistance chega á Fundación Luis Seoane da Coruña no que constitúe a primeira retrospectiva realizada en España sobre a obra da fotógrafa e cineasta francesa Valérie Jouve. Co gallo da celebración desta mostra, o Jeu de Paume publicou un catálogo en francés e inglés ao que agora se lle engade unha separata en castelán, que inclúe unha entrevista realizada á artista por Marta Gili, directora do Jeu de Paume e comisaria da exposición; e por Pia Viewing, co-comisaria deste proxecto xunto á propia Valérie Jouve, así como dous ensaios de Arlette Farge e Marie-José Mondzain, ademais das imaxes das obras presentes en ambas as dúas exposicións, que recollen un período de máis de vinte anos de traxectoria artística da creadora francesa.